O Evento Horarios Cantina Como Chegar 3º Tempo Patrocinadores
25 de abril de 2026 · Ribeira

Copa Galega de Fútbol
Gaélico 2026

📍 Complexo Deportivo
da Fieiteira, Ribeira
📅 Sábado
25 de abril
🎟 Entrada
de balde
Conta atrás para o evento
Días
Horas
Minutos
Segundos
🎟 Entrada de balde · Todo o día

O maior evento do fútbol gaélico galego

A Copa Galega de Fútbol Gaélico 2026 vén de novo á comarca do Barbanza. Organizado polo C.D. Galicia Bealo Lorchos e Lorchas xunto co Concello de Ribeira, este torneo é o punto de encontro anual de todos os equipos gaélicos galegos.

As instalacións do Complexo Deportivo da Fieiteira acollerán as competicións masculina e feminina ao longo de toda a xornada. Un día enteiro de deporte, amizade e paixón polo gaélico… e coa entrada completamente gratuíta para todo o mundo.

Tanto se es xogadora ou xogador como se só queres desfrutar do espectáculo, achégate á Fieiteira e vive en directo a emoción deste deporte único.

Ver o programa completo
Cartel Oficial Copa Galega 2026
📍 25 de abril · Ribeira
20
Equipos participantes
2
Competicións: masculina e feminina
Entrada de balde para todo o mundo
Finais en directo na TVG

Horarios do torneo

⚠️ Tomade sempre en conta os datos e arquivos oficiais. Os horarios aquí amosados poden variar o propio día do torneo. Haberá información dispoñible en todo momento no complexo da Fieiteira.
Grupo A · Keltoi, Lorchos, Lume, Supernova
09:00 Keltoi vs
🌿 Nat · ⏱️ 9'
Lorchos
09:25 Lume vs
🟢 Sin · ⏱️ 9'
Supernova
10:15 Keltoi vs
🌿 Nat · ⏱️ 9'
Supernova
10:40 Lorchos vs
🌿 Nat · ⏱️ 9'
Lume
12:45 Keltoi vs
🌿 Nat · ⏱️ 9'
Supernova
13:35 Lorchos vs
🌿 Nat · ⏱️ 9'
Lume
Grupo B · Estrela, Auriense, Estibadores, Lugh
09:25 Estrela vs
🌿 Nat · ⏱️ 9'
Estibadores
09:50 Auriense vs
🌿 Nat · ⏱️ 9'
Lugh
11:05 Estibadores vs
🌿 Nat · ⏱️ 9'
Lugh
11:30 Estrela vs
🌿 Nat · ⏱️ 9'
Auriense
13:10 Estrela vs
🌿 Nat · ⏱️ 9'
Lugh
14:00 Auriense vs
🌿 Nat · ⏱️ 9'
Estibadores
Grupo C · Fillos, Turonia, Gaels, Tambo Islanders
09:00 Gaels vs
🟢 Sin · ⏱️ 9'
Tambo
09:50 Turonia vs
🟢 Sin · ⏱️ 9'
Fillos
11:55 Fillos vs
🌿 Nat · ⏱️ 9'
Gaels
12:20 Turonia vs
🌿 Nat · ⏱️ 9'
Tambo
14:25 Fillos vs
🌿 Nat · ⏱️ 9'
Tambo
14:40 Turonia vs
🌿 Nat · ⏱️ 9'
Gaels
TVG

As finais, en directo pola TVG

As finais absolutas masculina e feminina retransmitiranse en directo pola Televisión de Galicia. Achégate á Fieiteira ou sintoniza a TVG para non perderte nada da emoción final. O horario exacto da retransmisión será confirmado próximamente.

En directo
18:00 Final Feminina
18:45 Final Masculina

Cantina e menú

A cantina oficial do torneo estará ao carón do campo de herba natural, aberta durante toda a xornada.

💧 Cada equipo recibirá 2 packs de 6 botellas de 1,5 l de auga gratuítas para garantir unha correcta hidratación.
🌾 Por favor, avisade con antelación de intolerancias ou preferencias alimenticias.

Complexo Deportivo da Fieiteira

📍 Abrir en Google Maps
Campo 1
Herba Natural
Grupos masculinos + Finais
Campo 2
Herba Artificial
Grupos femininos + Shield
  • 📍

    Enderezo

    Complexo Deportivo da Fieiteira
    Ribeira, A Coruña

  • 🅿️

    Parking

    Zona de aparcamento dispoñible xunto á entrada do complexo.

O terceiro tempo non para

O Clandestino
Ribeira · Centro da vila
Entrega de trofeos No Complexo
Festa musical O Clandestino
Comezo Ao rematar a festa no campo
📸 Ver en Instagram 📍 Abrir en Google Maps
  • 🏆

    Entrega de trofeos

    Premiaremos aos campións masculino e feminino ao rematar as finais no Complexo Deportivo da Fieiteira.

  • 🎵

    Festa no Clandestino

    Tralo terceiro tempo, a celebración continúa no Clandestino. Ven celebrar con todo o gaélico galego a súa maior festa.

Patrocinadores e colaboradores

Grazas a todas as empresas e entidades que fan posible este evento. Sen vós, a Copa Galega 2026 non sería posible.


Turismo e Aloxamento

Ribeira non é unha vila para visitar só un día. Trátase dun destino que conxuga mar, historia e natureza de xeito fascinante. É cultura, é historia, é natureza salvaxe e inigualable.

🌊

Paseo Marítimo

Un espazo privilexiado para gozar das vistas e deixar pasar o tempo contemplando a ría de Arousa.

🏕️

Castro da Cidá

Un mergullo na cultura castrexa e no pasado milenario desta terra para conectar coas nosas raíces.

🪨

Dolmen de Axeitos

A “catedral do megalitismo galego”, un monumento que conserva o misticismo dun tempo inmensamente afastado.

🏖️

Dunas de Corrubedo

Ecosistema dunar en constante movemento, praias de area fina e lagoas cheas de vida. Natureza en estado puro.

Queres prolongar a túa estadía?

Se queres descubrir todos os segredos do arquipélago de Sálvora e da nosa contorna, consulta a oferta hostaleira e turística oficial. Non deixes pasar a ocasión!

⬆️